Contra os moldes sexuais normativos

16/03/2023 Volver

Actividade do CEG da Universitat de Barcelona.

Conferencia de Lorena López e Daniela Fernández Pérez, da Universidade de Santiago de Compostela, baixo o título "Contra os moldes sexuais normativos: Un enfoque histórico e unha proposta literaria".

A actividade forma parte do seminario "Non só Rosalía". Ambas autoras acaban de publicar cadanseu libro e compartirán co alumnado os estudos sobre a literatura e a cultura en Galicia a partir das súas investigacións.

Ten lugar na Sala de Juntes - Pati de Lletres da Universitat de Barcelona o 20 de marzo de 2023 ás 11 horas.