O cine en Galicia. Unha ollada ó sector audiovisual galego

06/06/2023 Volver

O Centro de Estudos Galegos de Leipzig organiza o mércores 14 de xuño (15:15 horas) ten lugar unha conferencia sobre o sector audiovisual en Galicia a cargo da profesora María José Salgueiro Santiso, do IES Audiovisual de Vigo.

María Salgueiro está licenciada en Traballo Social pola Universidade de Santiago de Compostela (1998) e en Xornalismo pola Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (2001). Entre outros, traballou como xornalista no xornal galego Faro de Vigo e en diversos cargos directivos no IES Audiovisual de Vigo.

A charla poderá seguirse en liña nesta ligazón.