Día de Rosalía 2024

20/02/2024 Volver

Con motivo do Día Internacional da Lingua Materna e mais do Día de Rosalía, o Centro de Estudos Galegos da Habana, en colaboración coas cátedras de galego, vasco e catalán da Universidade da Habana, organizan varias actividades:

  • Lecturas de poemas galegos, vascos e cataláns, coa participación de alumnado.
  • Actuación da Coral da Universidade da Habana, con repertorio de habaneiras e cancións populares en diversas linguas, incluída a “Alborada de Rosalía”.
  • Algunhas sorpresas máis!

Será o mércores 21 de febreiro, desde as 14 horas, na Biblioteca da Facultade de Artes e Letras.

O evento será gravado e estará dispoñible despois na canle en Youtube da Cátedra Galega.