Curso intensivo de galego en Leipzig

23/02/2024 Volver

Actividade do CEG de Leipzig.

Coma todos os anos, o CEG de Leipzig volve ofertar un curso intensivo de galego nivel A1 en modalidade híbrida (presencial e en liña). Terá lugar entre o 26 de febreiro e o 8 de marzo.

A inscrición estará aberta ata o 26 de febreiro de 2024 para todas as persoas interesadas. O alumnado universitario poderá asistir gratuitamente, mentres que para as demais persoas o prezo sería de 80€.