Actividade conxunta dos CEG de Portugal.
Evento organizado conxuntamente en Lisboa durante os días 10 e 11 de abril polos tres CEG de Portugal en colaboración co Proxecto de Investigación "Espanhóis em Portugal (1715-1868): emigração laboral e exílios políticos", a Cátedra UNESCO 226 sobre Migracións da USC e o Proxecto "Galicia-América: Música civil, ideoloxía e identidades culturais a través do Atlántico (1800-1950)".
O evento ten como obxectivo propiciar un encontro de especialistas na histórica emigración galega en Portugal e, ante todo, celebrar e revisitar a Lisboa máis galega.
Os traballos académicos, terán lugar no Auditório B1 da FCSH (Universidade Nova de Lisboa) e estarán abertos a todo o público interesado de forma presencial e a través de Zoom (ID da reunión: 989 8712 9036 / Senha: 429999)