Conferencia de Mercedes Peón

20/11/2025 Volver

Actividade do CEG da Universidade do País Vasco.

Mercedes Peón, instrumentista, cantante e gran coñecedora da nosa música tradicional, fará unha viaxe arredor da herdanza inmaterial que nos deixaron as nosas cantareiras. Ademais, falará da evolución que esta música tivo a partir dos anos 90 como consecuencia da hibridación de xéneros (da que ela foi pioneira) e do cambio de paradigma do tratamento desta tradición na actualidade: da colectividade ao individuo.

Será o mércores 26 de novembro, ás 11:00 horas na aula 104 do Aulario Las Nieves.