Hoxe-Bai-Ets!

Actividade do Centro de Estudos Galegos da Universidade do País Vasco.

O bertsolari Manu Bendala presentará este encontro entre improvisadoras orais de Catalunya, Galicia e Euskal Herria na segunda edición do Hoxe-Bai-Ets!.

A xornada contará con Núria Casals, Nuria Penas e Maddi Agirre, que lle porán voz a tres pobos, tres linguas e cantarán sobre ritmos e motivos compartidos. Aner Peritz acompañará na guitarra e Miren Uriarte na trikitixa. Tamén haberá interpretación simultánea.

Será o 13 de maio, ás 11:00 horas, na Aula Magna da Facultade de Letras.

A entrada é de balde.

 

Documentos relacionados