Proxección do filme 'Antes de Nós'
Actividade do Centro de Estudos Galegos da Universidade de Oxford.
En colaboración co Galician Film Foru, co gallo da celebración do día das Letras Galegas, proxectarase o filme Antes de Nós, de Ángeles Huerta. A película retrata a vida de Castelao antes de converterse no gran referente cultural.
Un evento aberto a todo o público e en especial ao alumnado de galego da Universidade de Oxford, para compartir e celebrar o cine e cultura galegos.
Será o 10 de maio, ás 18:00 horas, no Shulman Auditorium - The Queens College.
Documentos relacionados
-
Cartel JPG