Temos dispoñibles para consulta 433 convocatorias
XVII Xornada de Dinamización Lingüística
09/11/2021 15:15 Formación

A XVII Xornada de Dinamización Lingüística, organizada por Ferega coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, é unha actividade aberta tanto a docentes de centros públicos como concertados e privados. 

Bolsas de formación en proxectos de investigación no Centro Ramón Piñeiro. Resolución da convocatoria
28/10/2021 10:00 Formación

ORDE do 5 de xullo de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras que rexerán o concurso público, correspondente ao ano 2021, de once bolsas de formación en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e se procede á súa convocatoria (código de procedemento PL500D)

Coloquio Internacional “Os Corpora Docvmentalia Latina da Península Ibérica no 25 Aniversario do Codolga”
20/10/2021 10:30 Formación

Días 18 e 19 de novembro de 2021 en Santiago de Compostela.

PRAZO: Ata o 12 de novembro de 2021.
Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021. Segunda convocatoria
04/10/2021 10:00

No marco do Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da Covid-19, a Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca unha nova edición do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021 (Fondo X21)

09/09/2021 10:15 Probas

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2021, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2021 (código de procedemento PL500C)

CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: ED114A
Convocatoria do Plan Proxecta (curso 2021-2022)
02/09/2021 13:30 Formación

Resolución do 21 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se regula o Plan Proxecta+ e se establecen as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade durante o curso escolar 2021/22.

PRAZO: Solicitudes ata o 16 de setembro de 2021.
01/09/2021 09:55 Formación

ORDE do 19 de maio de 2021 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o 2021 (código de procedemento PL500F).

01/09/2021 09:55 Formación

ORDE do 19 de maio de 2021 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o 2021 (código de procedemento PL500E).

18/08/2021 10:45 Formación

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.

29/07/2021 13:53 Premios e certames

A Fundación Xosé Neira Vilas e o Concello de Vila de Cruces, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca a sexta edición do Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta.

PRAZO: 8 de outubro de 2021