Resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo pola que se acorda darlles publicidade ás bases para presentar creacións culturais, bens ou servizos de consideración análoga, coa finalidade de configurar un fondo de contidos creativos de interese cultural e artístico, lingüístico e turístico denominado Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021, e se anuncia a apertura do prazo para que as persoas físicas e xurídicas do sector cultural interesadas poidan presentar as súas iniciativas.
A XVI Xornada de Dinamización Lingüística, organizada por Ferega coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, é unha actividade aberta tanto a docentes de centros públicos como concertados e privados, que este ano se desenvolve por primeira vez pola vía dixital, debido aos efectos da COVID-19.
O Centro de Documentación Sociolingüística do Consello da Cultura Galega, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, organiza a XXII edición dos Encontros para a Normalización Lingüística.
RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2020, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia a adxudicación de dez bolsas de formación en proxectos de investigación do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Resolución Ver Resolución
- ORDE do 29 de xullo de 2020 Ver ORDE do 29 de xullo de 2020
- EXTRACTO da Orde do 29 de xullo de 2020 Ver EXTRACTO da Orde do 29 de xullo de 2020
- Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades Ver Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
O Camões, Instituto da Cooperação e da Língua, I.P., a través da Coordenação do Ensino Português em Espanha e Andorra e do Centro Cultural Português en Vigo, organiza a XVI edición das súas xornadas de actualización didáctica para profesorado de Portugués Lingua Estranxeira, que este ano versarán sobre modelos de avaliación.
ORDE do 18 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento PL400A)
- Resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística do 1 de outubro de 2020 Ligazón ao DOG
- Orde de subvencións a entidades locais 2020 Ligazón ao DOG
- Extracto da orde Ligazón ao DOG
RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia
A Fundación Repsol, en colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, no desexo de contribuír ao desenvolvemento da literatura galega, convoca a décimo cuarta edición do Premio de Narrativa Breve Repsol.
Lingua rodada é unha iniciativa promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo coa finalidade de potenciar o uso e a valoración positiva do galego entre as xeracións máis novas, en consonancia co Plan de dinamización da lingua galega na mocidade.