Temos dispoñibles para consulta 433 convocatorias
Concurso de microrrelatos
13/04/2020 10:30 Premios e certames
PRAZO: O prazo para presentar os microrrelatos rematará o 20 de abril de 2020.
XXXII Premio de Novela Manuel García Barros
03/04/2020 13:15 Premios e certames
PRAZO: Os orixinais deberán presentarse antes do 15 de maio de 2020
I Premio de Ensaio Camiño de Santiago
12/03/2020 10:05 Premios e certames

A Academia Xacobea, en colaboración coa Dirección Xeral de Políticas Culturais e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e co patrocinio de Aluminios Cortizo, convoca o I Premio de Ensaio Camiño de Santiago, co fin de promover e divulgar o Camiño de Santiago e o fenómeno xacobeo

PRAZO: As obras enviaranse antes do 5 de setembro de 2020
Experiencias na normalización e dinamización do galego. Xornadas Calviño 2020
24/02/2020 12:15 Formación

Nestas xornadas organizadas polo IES Arcebispo Xelmírez I de Santiago de Compostela en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e o CAFI asistiremos, do 3 ao 5 de marzo, aos relatorios dalgunhas das experiencias dinamizadoras máis destacadas dos centros educativos galegos

17/02/2020 11:00 Probas

Publícanse as resolucións polas que se aproba a publicación dos resultados definitivos das probas Celga 2 e 4.

CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: PL500C
I Premio de Novela da Galicia Rural
23/01/2020 10:45 Premios e certames

As propostas serán enviadas antes do 30 de xuño do 2020 e o ditame do xurado farase público no mes de setembro.

XV Xornada de Normalización Lingüística
19/11/2019 12:15 Formación
XVI Curso de formación. Os camiños nas narrativas literarias e artísticas da literatura infantil e xuvenil
13/11/2019 14:45 Formación

A Universidade de Santiago de Compostela, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e a Xunta de Galicia (a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades) convocan estas xornadas para axudar o futuro profesorado de educación infantil e primaria, así como a todo tipo de mediador, no seu quefacer profesional no marco de ámbitos básicos como a formación artístico-literaria e a comprensión e expresión escrita e lectora.

Simposio Antonio Fraguas
30/10/2019 11:00 Formación

A Real Academia Galega, o Museo do Pobo Galego, o Consello da Cultura Galega e a Fundación Antonio Fraguas Fraguas, co apoio da Dirección Xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo, reúnen neste simposio de peche das Letras Galegas 2019 unha vintena de voces que profundarán na pegada de Antonio Fraguas na cultura galega e no seu legado nos estudos de etnografía, folclore, xeografía e arqueoloxía.