Xa coñecemos os vídeos gañadores do III Concurso de booktrailers do IES Pontepedriña, unha iniciativa que xurdiu hai tres cursos co fin de fomentar a lectura e a creación audiovisual en galego. Nesta terceira edición, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, decidiu ampliar o certame ao alumnado de todos os centros de Galicia sostidos con fondos públicos. O traballo premiado na categoría de 12 a 15 anos foi a presentación da novela O que sei do silencio de Andrea Maceiras realizada por David López Lapeña (IES de Foz); na de 16 a 18 anos gañaron Artur Vázquez e Aarón Vilariño (IES Pontepedriña) con O xardineiro dos ingleses, de Marcos Calveiro. Parabéns!!!
Resolución da convocatoria para a realización de proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade da Consellería de Educación Universidade e Formación Profesional durante o curso académico 2018/2019
- Orde do 3 de maio de 2019 de subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares de niveis non universitarios Ligazón ao DOG
A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo organiza, en colaboración co Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) da Consellería de Educación, a V Xornada do Día das Letras Galegas, que terá como protagonista o autor homenaxeado este ano pola RAG, Antonio Fraguas Fraguas.
Resolución do 4 de febreiro de 2019, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia a convocatoria de cursos preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4
Esta iniciativa promovida pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística ten por obxectivo difundir a poesía e a música editadas en Galicia e en Portugal cada ano.
Xa se coñecen os gañadores da sétima edición de Lingua de namorar, un certame en liña de mensaxes de amor en lingua galega convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia. Dirixido a todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos, o obxectivo principal destes premios é dinamizar o uso da lingua galega entre a xente nova nas súas relacións persoais e nas novas tecnoloxías, nomeadamente, na Internet e na mensaxería instantánea.
O Concello da Estrada e a Asociaicón de Consumidores e Amas de Casa Avelina Valladares, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convocan o XXIII Premio de Poesía Avelina Valladares