Resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se convoca a participación en proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade pública da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional durante o curso académico 2019/2020 e se establecen as bases reguladoras para realizalos
ORDE do 2 de xuño de 2020 pola que se deixan sen efecto as bases e as convocatorias das axudas para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública e privada de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2019/20 (códigos de procedemento PL500A e PL500B), como consecuencia do peche dos centros educativos por causa do COVID-19
- ORDE do 2 de xuño de 2020 Ligazón ao DOG
- Orde do 27 de decembro de 2019 Ligazón ao DOG
- Extracto da Orde do 27 de decembro de 2019 Ligazón ao DOG
ORDE do 2 de xuño de 2020 pola que se deixan sen efecto as bases e as convocatorias das axudas para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública e privada de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2019/20 (códigos de procedemento PL500A e PL500B), como consecuencia do peche dos centros educativos por causa do COVID-19
- ORDE do 2 de xuño de 2020 Ligazón ao DOG
- ORDE do 27 de decembro de 2019 Ligazón ao DOG
- Extracto da Orde do 27 de decembro de 2019 Ver Extracto da Orde do 27 de decembro de 2019
Co gallo de promover os labores de investigación nos ámbitos da lingüística, a historia, a arte, a arqueoloxía, a antropoloxía, etnografía e folclore no antigo territorio que conformaba o Condado de Pallares, a Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Dirección Xeral de Políticas Culturais, a Deputación de Lugo, os GDR Comarca de Lugo e Miño Ulla, Caixa Rural Galega e os concellos de Guntín, Taboada e Chantada, convoca o “XIV Certame de Investigación Condado de Pallares”, que se rexerá polas seguintes BASES:
A Consellería do Mar,dentro da campaña Vai de Peixe de promoción do consumo de produtos do mar entre os millennials galegos, organiza un concurso de relatos curtos en galego baixo o nome de Vai de Letras.
- Orde do 11 de maio de 2020 Ligazón ao DOG
O Padroado da Fundación Antonio Fraguas Fraguas, considerando que na situación actual non resulta posible levar adiante a presente edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas Fraguas, xa que os centros escolares non poden afrontar o traballo necesario para presentaren propostas, aprobou adiar a celebración da XII edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas Fragua, prevista para o bienio 2020-2021, que pasará a celebrarse no bienio 2021-2022.
Concurso en liña de mensaxes de amor coorganizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
Debido á actual situación de confinamento, o prazo límite e presentación de obras finaliza o 30 de xuño.
Resultados das votacións de aRi[t]mar 2020