Temos dispoñibles para consulta 433 convocatorias
Xornada do Día das Letras Galegas. Xela Arias
16/04/2021 16:35 Formación

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), organiza a VII Xornada do Día das Letras Galegas, que terá como protagonista a autora homenaxeada este ano pola RAG, Xela Arias.

PRAZO: Inscricións ata o 21 de abril de 2021.
Lingua de namorar 2021: mensaxes gañadoras
16/04/2021 16:00 Premios e certames

O xurado do concurso Lingua de namorar 2021 reuniuse o venres 26 marzo para elixir as mensaxes gañadoras das categorías A e B, de entre aquelas mensaxes que resultaron máis votadas polo público. Son as seguintes.

Certame aRi[t]mar Galiza e Portugal 2021
15/04/2021 09:00 Premios e certames

O xurado do certame aRi[t]mar escolleu as poesías finalistas publicadas en Galicia e en Portugal en 2020.

I Premio ASUBÍO de novela FMJJ Infancia e Mocidade pola Inclusión
15/04/2021 08:40 Premios e certames

O I Premio ASUBÍO de novela Fundación María José Jove (FMJJ) Infancia e Mocidade pola Inclusión é unha iniciativa de carácter bienal da FMJJ e de Hércules de Edicións que conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e que ten como obxectivos promover o fomento e a creación de obras literarias que aborden o tema da infancia e da mocidade en risco de exclusión social e que favorezan o coñecemento sobre este tema, nomeadamente entre a xente nova.

PRAZO: Do 15 de abril ao 30 de setembro de 2021.
XII Certame de Cinema Ouff Escola
15/04/2021 08:40 Premios e certames

O Certame de Cinema OUFF Escola é unha iniciativa da Concellería de Cultura do Concello de Ourense, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

PRAZO: A inscrición deberá formalizarse antes do 5 de xullo de 2021.
08/04/2021 08:00 Premios e certames

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convocou un concurso entre os centros de ensino non universitario de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Universidade para elaborar unha exposición sobre a obra, a época e a lingua de Xela Arias, a autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2021, e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica en que esta viviu.

06/04/2021 14:00 Premios e certames

A Academia Xacobea, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e co patrocinio de Aluminios Cortizo S.U.L, convoca o II Premio de Novela Camiño de Santiago co fin de promover e divulgar o Camiño de Santiago e o fenómeno Xacobeo.

PRAZO: Ata o 15 de setembro de 2021.
O que non se escribe. Arquivos sonoros e creación contemporánea
22/03/2021 16:15 Formación

Xornadas organizadas por Luneda Producións; e apoiadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e o Concello de Santiago de Compostela.

11/03/2021 11:35 Formación

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2021, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 (código de procedemento PL600A)

  • Resolución do 18 de xaneiro de 2021  pola que se anuncia a convocatoria de cursos Celga Ligazón ao DOG
I Concurso
11/03/2021 10:25 Premios e certames

O Grupo Nueva Pescanova, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e o Foro Enrique Peinador convocan este certame infantil de relatos en galego co obxectivo de promover o uso da lingua propia de Galicia entre as novas xeracións e a concienciación sobre a importancia de protexer os nosos océanos, mares e recursos mariños desde as idades máis temperás.

PRAZO: Ata o 25 de abril de 2021.