Temos dispoñibles para consulta 433 convocatorias
03/10/2016 08:20 Premios e certames
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o Concello de Cotobade e a Deputación de Pontevedra convocan o II Certame de Relato Breve Nélida Piñón, que estende o seu formato ata as 30 páxinas e introduce a novidade de dous accésits e a publicación das obras seleccionadas. O galardón está dotado con 4.000 euros e os accésits con cadanseus 1.000 euros.
PRAZO: Prazo de presentación de orixinais: do 1 de outubro ao 1 de maio de 2017.
28/09/2016 08:20 Premios e certames
A Secretaría Xeral de Política Lingüística colabora nesta iniciativa que busca dinamizar a lingua galega na mocidade, desde o ámbito da creación literaria, e poñer en valor a figura, a vida e a obra do escritor porriñés Manuel Otero Saavedra.
PRAZO: Prazo de presentación de traballos: do 26 de setembro ao 31 de outubro de 2016
26/09/2016 10:00 Formación

A Secretaría Xeral de Política Lingüística colabora coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e mais coa Universidade de Vigo (UVigo) neste encontro que ten como finalidade achegarlle á comunidade universitaria e á sociedade en xeral a oportunidade de escoitar as reflexións dos nosos/as escritores e escritoras.

20/09/2016 10:00 Formación

A Secretaría Xeral de Política Lingüística colabora co Consello da Cultura Galega e coa Fundación Galicia Empresa na organización deste encontro que quere analizar, non só o panorama xeral da Responsabilidade Social Corporativa (RSC), senón tamén como se incorpora no caso de Galicia unha orientación cultural e lingüística que interpreta a RSC como vía de xeración de valor para todos os grupos de interese e para mellor colaborar cara a un desenvolvemento sostible.

08/09/2016 10:20 Premios e certames

A Asociación Galega das Artes, co apoio das secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura, pon en marcha unha nova edición do certame 'Cores con Palabras' para promover a creación artística entre as persoas maiores de 55 anos, que poderán presentar a este concurso as súas obras pictóricas ou poéticas orixinais.

PRAZO: O prazo de recepción de traballos vai do 26 de setembro ao 1 de outubro
17/08/2016 07:30 Axudas
PRAZO: PRAZO: Prazo para a xustificación das subvencións concedidas: dende o 19 de agosto ata o 30 de setembro de 2016
CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: EED106A
05/08/2016 07:20 Formación
PRAZO: Prazo de presentación de solicitudes: 17/06/2016 - 16/07/2016.
CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: ED104B
21/07/2016 10:48 Axudas

Resolución de concesión

PRAZO: PRAZO: do 20 de abril ao 19 de maio de 2016
CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: ED115A
04/07/2016 10:20 Premios e certames
PRAZO: Prazo de de envío das novelas antes do 30 de xullo