Temos dispoñibles para consulta 433 convocatorias
06/02/2017 07:00
Formación
A Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Real Academia Galega, a Universidade de Santiago de Compostela e mais a Deputación da Coruña coorganizan a trixésima edición dos Cursos de lingua e cultura galegas 'Galego sen fronteiras', que se desenvolverán en Santiago de Compostela do 3 ao 24 de xullo de 2017.
01/02/2017 07:49
Probas
Resultados definitivos das probas de novembro de 2016.
PRAZO: Prazo de presentación de emendas: 13 de outubro de 2016
CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: ED114A
26/01/2017 07:30
Premios e certames
A Secretaría Xeral de Política Lingüística colabora con Técnicas & Gramaxe nesta iniciativa que ten como obxectivo promover uso da lingua na literatura e apoiar os escritores e escritoras novos ou xa consagrados.
PRAZO: Ata o 30 de xuño de 2017
17/01/2017 07:00
Formación
O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, dependente da Secretaría Xeral de Política Lingüística, colabora neste encontro organizado no marco do proxecto de investigación VMM (MINECO-FFI-2014-55628) que se celebrará en Santiago de Compostela, entre os días 1e 3 de febreiro de 2017.
13/01/2017 13:40
Premios e certames
O Premio Literario Nortear Novos Escritores Norte de Portugal-Galicia é unha iniciativa conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, da Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal e mais a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (GNP, AECT).
PRAZO: 30 de abril de 2017
15/11/2016 11:46
Premios e certames
O Concello de Pontecesures, co apoio da Deputación de Pontevedra, e a Secretaría Xeral de Política Lingüística convocan o premio de xornalismo en galego Raimundo García Domínguez, Borobó, coa dupla intención de conmemorar o nacemento e de homenaxear a figura de quen foi unha das personalidades máis sobranceiras da historia do xornalismo galego contemporáneo.
PRAZO: O prazo límite de recepción de artigos é o 15 de decembro de 2016
08/11/2016 07:00
Formación
O Museo do Pobo Galego, o Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega (ILLA) e a Revista Galega de Historia Murguía organizan, coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación a través das secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura, o simposio Repensando Galiza: As Irmandades da Fala (1916-1931) que se celebrará os días 17 a 19 de novembro de 2016.
07/11/2016 10:20
Premios e certames
PRAZO: A inscrición deberá formalizarse antes do 1 de xullo de 2016.
27/10/2016 08:00
Formación
PRAZO: Acceso á guía de procedementos da Xunta de Galicia Prazo de presentación de solicitudes: ata o 22 de xullo de 2016
05/10/2016 10:00
Formación
A Secretaría Xeral de Política lingüística colabora coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega na organización do segundo Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil, centrado desta volta na música e na poesía desde a primeira infancia.