Actividade da Asociación Internacional de Estudos Galegos organizada co gallo do Día das Letras Galegas.
A Asociación Internacional de Estudos Galegos organiza a presentación da obra Maxicamente vella, eternamente nova, do escritor e investigador Carlos Callón, que terá lugar este xoves 15 de maio, ás 16:30 (hora do Brasil) / 20:30 (hora galega), a través da canle de YouTube. Será unha oportunidade para reflexionar sobre a riqueza e a actualidade da nosa cultura, ao tempo que celebramos a vitalidade da lingua galega a través da palabra e da música.