Día das Letras Galegas

Filtrar por...

Temos dispoñibles para consulta 62 contidos
Luísa Villalta
12/02/2024

Luísa Villalta

Firme defensora da lingua como piar da nosa identidade e comprometida con todos os colectivos que loitan e traballan pola dignidade do pobo galego, foi unha autora que renovou as nosas letras ao explorar a relación entre a música e a literatura e facernos “pensar o mundo”.

Francisco Fernández del Riego
24/02/2023

Francisco Fernández del Riego

Escritor e editor incansable, un dos fundadores de Galaxia, presidente e renovador da Real Academia Galega e impulsor do Día das Letras Galegas, foi sempre un home ponte entre xeracións, ideoloxías e entre a Galicia de aquén e de alén mar.

Florencio Delgado Gurriarán
30/03/2022

Florencio Delgado Gurriarán

Florencio Delgado Gurriarán nace en Córgomo, no concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras, o 27 de agosto de 1903, no seo dunha familia acomodada. Sexto dos fillos do matrimonio, foi poeta, editor, corrector e tradutor, escribiu artigos de prensa e traballos de léxico. Foi tamén un extraordinario activista político e cultural, un dos principais intermediarios entre a Galicia exiliada en México e a Galicia interior e ponte de unión coa intelectualidade doutras orixes.

Xela Arias
08/02/2021

Xela Arias

Xela Arias Castaño naceu en Sarria en 1962. Filla do escritor Valentín Arias, foi unha das voces máis singulares da poesía galega contemporánea e sobresaíu tamén como editora e tradutora.

Ricardo Carvalho Calero
16/01/2020

Ricardo Carvalho Calero

Ricardo Carvalho Calero naceu en Ferrol en 1910 e faleceu en 1990 en Santiago de Compostela. Sobresaíu como historiador da literatura, crítico literario, filólogo e escritor, e dedicou a súa vida a dignificar o idioma e a cultura galegas.

Antonio Fraguas Fraguas
07/02/2019

Antonio Fraguas Fraguas

Antonio Fraguas naceu en Loureiro (Cerdedo-Cotobade) o 28 de decembro de 1905. Fillo de Manuel Fraguas Rodríguez e de María Teresa Fraguas Vázquez, foi rexistrado inicialmente cos dous apelidos da nai e só pasaría a apelidarse Fraguas Fraguas en 1912, cando o pai volveu do Brasil onde estaba emigrado desde meses antes do seu nacemento, casou coa nai e recoñeceu o fillo.

María Victoria Moreno
12/02/2018

María Victoria Moreno

Esta pontevedresa de adopción chegou a Galicia en 1963, con só 22 anos, e axiña asumiu a cidadanía en galego, a lingua que escolleu tanto para as súas obras narrativas infantís e xuvenís como para os seus estudos literarios, o ensaio, a poesía e a didáctica da lingua e da literatura galegas. Isto permítenos definila como "galega de elección".

Carlos Casares
23/03/2017

Carlos Casares

Carlos Casares Mouriño nace na cidade de Ourense o 24 de agosto de 1941. Sendo un neno, a súa familia trasládase a Xinzo de Limia, onde o pai, Francisco Casares, traballará como mestre. A súa infancia desenvólvese nun ambiente entre aldeán e vilego, entre Xinzo e as aldeas de Beiro, Lamas e Sabucedo, que deixará unha fonda pegada na súa obra.

Manuel María
04/04/2016

Manuel María

Manuel María Fernández Teixeiro naceu en Outeiro de Rei o 6 de outubro de 1929 e faleceu na Coruña o 8 de setembro de 2004. A súa prolífica obra, sempre impregnada dun fondo compromiso social, abrangue distintos xéneros, dende a poesía á narrativa pasando polo teatro e o ensaio.

Letras galegas 2015. Xosé Filgueira Valverde
17/06/2015

Letras galegas 2015. Xosé Filgueira Valverde

Xosé F. Filgueira Valverde nace o 28 de outubro de 1906 en Pontevedra, onde reside boa parte da súa vida e falece o 13 de setembro de 1996.