Galaxia Casares
Centro: IES Carlos Casares, Vigo (Pontevedra)
Curso: 2015 - 2017
Curso: 2015 - 2017
O EDLG do IES Carlos Casares leva dous cursos traballando sobre o autor homenaxeado nas Letras Galegas 2017, que, ademais, lle dá nome ao centro. Aquí poderedes atopar de todo!!! A continuación amosámosvos una clasificación dos materiais para que non vos perdades nesta galaxia.
GAMIFICACIÓN
- Carlos Casares, un relato de película: xogo de mesa sobre a Carlos Casares que ten a particularidade de recrear unha bobina de cinema
- Xogo do Leoncio: xogo en liña similar á oca pero coa temática de A Galiña azul
- Crebacabezas: xogo baseado na literatura infantil de Casares
AUDIOVISUAIS
- Literarios: Os inventos de Toribio (sobre os inventos deste personaxe), Toribio polo mundo (sobre os lugares vinculados con esta obra),Os valores de Casares (sobre a riqueza de valores da obra casariana e cunha innovadora técnica que simula o debuxo en directo); Rin e o can Crispín (contacontos)
- Biográficos: faladoiros con ex-alumnos de Carlos Casares e entrevistas a familiares e estudosos como Ramón Villares ou Monteagudo
MÚSICA
- Canción - contacontos de A galiña azul
- Rap sobre o personaxe Lolo
CREACIÓNS LITERARIAS, ARTÍSTICAS E ANÁLISE DA OBRA
- Álbums ilustrados: As estrelas máis estrelas de todas as estrelas e Unha viaxe con Carlos Casares
- Libros de artista sobre obras de Casares
- Novela gráfica
- Ilustracións de O sol do verán