Letras Galegas 2021
Centro: Seminario Galán, A Coruña
Curso: 2020/2021
Curso: 2020/2021
O Seminario Galán, sempre atento a fornecernos recursos educativos para celebrarmos o 17 de maio e divulgarmos a figura homenaxeada o Día das Letras Galegas, agasállanos desta volta cunha proposta didáctica que vos será moi útil para coñecerdes mellor a vida e a obra de Xela Arias. O traballo inclúe, entre outros materiais:
- Biografía
- Escolma de poemas dos poemarios Dario a diario e Poesía dispersa
- "A fraga dos paxaros faladores e a fraga leopardicia" (relato gañador do VI Concurso de contos infantís O Facho)
- Debuxos de Paulo e Manolo Caamaño (ilustracións deste conto publicado no xornal La Voz de Galicia)
- Recompilación de noticias de prensa e entrevista á autora concedida ao xornal Faro de Vigo en 1973.
- Textos traducidos de obras de distintos autores: Roald Dald, Bram Stoker, Gianni Rodari, Jorge Amado