Volver

Unidade didáctica Luísa Villalta. Un poema para o 8 M.

Centro: IES Terra de Turonio, Gondomar (Pontevedra)
Curso: 2023 - 2024

Co gallo do Día Internacional da Muller, a poeta e profesora do IES Terra de Turonio Marta Dacosta presentou esta unidade didáctica sobre a homenaxeada nas Letras Galegas 2024, Luísa Villalta. Nela proponnos traballar nas aulas de secundaria e bacharelato arredor do poema "As damas que antano cantaron", publicado na revista Festa da palabra silenciada, e que é unha boa mostra da escrita feminista que caracteriza a autora coruñesa.