Primavera das Letras: Luísa Villalta (representación teatral e recitado)
Centro: CEIP Sada y sus Contornos e IES Isaac Díaz Pardo, Sada (A Coruña)
Curso: 2023 - 2024
Curso: 2023 - 2024
En vésperas do seu centenario, o CEIP Sada y sus Contornos acolleu a presentación do programa Primavera das Letras da Real Academia Galega. Neste día tan especial, o alumnado de 6º deste centro representou unha obra de teatro baseada na vida de Luísa Villalta e escrita por Xoán Babarro e Ana Mª Fernández.
Ao remate do acto, estudantes do IES Isaac Díaz Pardo, centro no que exerceu a docencia a autora ata o seu falecemento, recitaron algúns dos seus poemas máis coñecidos.