Volver

14º Concurso de Marcapáxinas (Luísa Villalta)

Centro: IES San Clemente, Santiago de Compostela (A Coruña)
Curso: 2023 - 2024

Decimocuarto concurso de marcapáxinas organizado polo IES San Clemente de Santiago de Compostela no que pode participar o alumnado de todos os centros galegos.

O marcador, dedicado este ano a Luísa Villalta, deberá ilustrarse cunha imaxe relacionada coa autora e un texto alusivo, frase curta ou fragmento dalgunha das súas obras.

O prazo de presentación en edlg@iessanclemente.net remata o 29 de abril.