Luísa Villalta: Isto é poesía, un ruído provocado (guía didáctica)
		Centro: IES Isaac Díaz Pardo, Sada (A Coruña)	
Curso: 2023 - 2024
Curso: 2023 - 2024
Entre as moitas actuacións (audiovisuais, programas de radio, recitados...) que se están a desenvolver no IES Isaac Díaz Pardo de Sada para homenaxear a Luísa Villalta, destaca esta unidade didáctica elaborada por profesorado e alumnado do derradeiro centro no que a senlleira autora exerceu a docencia. Alén das referencias á súa biografía e aos aspectos máis salientables do seu legado, o traballo proponnos un ilustrativo percorrido polos espazos que marcaron a súa traxectoria vital e literaria.