Volver

Karaoke de versos de Luísa Villalta "Poesía en silencio"

Centro: CEIP Plurilingüe do Carballal, Marín (Pontevedra)
Curso: 2023 - 2024

Velaquí un adianto do que será o videoclip coa coreografía e voces da rapazada de 5º de primaria para a homenaxe que, como cada ano, lle renden no CEIP do Carballal á persoa homenaxeada nas Letras Galegas.

Nesta ocasión o karaoke preséntanos versos destilados de varios poemas de Luísa Villalta, para irmos aprendendo a letra e a melodía que con tanta sensibilidade compuxo o profesor de música Víctor Castro.