Xincana de Luísa Villalta
Centro: CPR Fogar de Santa Margarida, A Coruña (A Coruña)
Curso: 2023 - 2024
Curso: 2023 - 2024
Un ano máis, Carlos Medrano, docente no CPR Fogar de Santa Margarida da Coruña, agasállanos cunha nova colección de pasatempos dedicados, nesta ocasión, á figura de Luísa Villalta.
A xincana inclúe exercicios de colorear, xogos de parellas, crebacabezas e outras propostas didácticas moi útiles, para que o alumnado de infantil e primaria coñeza dun xeito lúdico a escritora homenaxeada o Día das Letras Galegas 2024.
Parabéns a Carlos e Nerea Gómez Carro, profesora responsable das ilustracións.