A Coruña de Villalta
Centro: CPR Escravas, CPR Franciscanas, Santa María do Mar, CPR Fogar de Santa Margarida, CPR Compañía de María, CPR Grande Obra Atocha e CPR Dominicos da Coruña, CPR Nosa Señora do Carme de Betanzos (A Coruña)
Curso: 2023 - 2024
Curso: 2023 - 2024
Audiovisual colaborativo realizado por varios colexios coruñeses pertencentes a Escolas Católicas de Galicia para celebrar o Día das Letras Galegas 2024 e homenaxear a figura de Luísa Villalta. A través de entrevistas e outras actuacións, alumnado e docentes destes centros van afondando en distintos aspectos da traxectoria vital e literaria da autora que será homenaxeada o vindeiro 17 de maio.