Volver

Luísa, profesora de Galego

Centro: CPI de Cruz do Sar, Bergondo (A Coruña)
Curso: 2023 - 2024

Fernando Pazos, Montse Pena e Xavi López, antigos alumnos do IES Isaac Díaz Pardo de Sada, réndenlle esta sentida homenaxe, en formato podcast, a Luísa Villalta. Tres voces que desprenden emoción e admiración pola que foi a súa profesora de Lingua e Literatura Galegas e todo un referente profesional e persoal pola súa defensa da lingua e a denuncia das inxustizas.