Volver

Videoclip "Poesía en silencio"

Centro: CEIP Plurilingüe do Carballal, Marín (Pontevedra)
Curso: 2023 - 2024

Unha alegre e pegadiza melodía do profesor Víctor Castro, xunto coas doces voces e a vistosa coreografía dos alumnos e alumnas do CEIP do Carballal, danlles vida aos fermosos versos de Luísa Villalta neste videoclip que conxuga música e poesía, tal como a ela lle gustaba. Unha acaída conmemoración deste Día das Letras Galegas 2024.