Volver

Poesía e Imaxe. Luísa Villalta

Centro: CEIP de Ponzos, Ferrol (A Coruña)
Curso: 2023 - 2024

Ilustración, recitado, mediación en lingua de signos... son as distintas propostas que nos presenta neste vídeo o alumnado de 6º de educación primaria do CEIP de Ponzos para irmos coñecendo mellor a figura e a poesía de Luísa Villalta.

Parabéns ás nenas e aos nenos participantes e a Aila Sánchez polo fermoso debuxo da escritora.