Volver

A Coruña de Luísa Villalta

Centro: IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez, A Estrada (Pontevedra)
Curso: 2023 - 2024

Neste vídeo o alumnado de Expresión artística do IES Losada Diéguez explícanos todo o proceso de elaboración dos nove fermosos traballos interdisciplinares que realizaron a partir de cadanseu poema de Luísa Villalta, inspirados en diferentes lugares da Coruña.Trátase de metáforas visuais creadas coa técnica de bordado que adoptan o formato de libro en relevo, como podemos ver na exposición de homenaxe á autora das Letras do 2024.