Luísa Villalta no CEIP Espiñeira-Aldán
Centro: CEIP Espiñeira-Aldán, Cangas (Pontevedra)
Curso: 2023-2024
Curso: 2023-2024
O EDLG do CEIP Espiñeira-Aldán traballou arreo para conmemorar as Letras Galegas de Luísa Villalta, como podedes ver no seu blog "O cantil das palabras". Realizaron 7 obradoiros rotativos nos que participou todo o alumnado, para os que deseñaron cadanseu cartel, e neles as nenas e nenos crearon poemas e recitáronos, fixeron colaxes, gravaron podcasts, xogaron ao rosco e ata inventaron unha canción que cantaron todos xuntos. Un inxente e estupendo traballo, sen dúbida!