Volver

Exposición das LG: Luísa Villalta

Centro: IES Plurilingüe Eusebio da Guarda, A Coruña (A Coruña)
Curso: 2023-2024

Exposición promovida polo EDLG e polo Departamento de Lingua Galega e Literatura do IES Eusebio da Guarda da Coruña para homenaxear a que foi unha das súas máis ilustres alumnas, Luísa Villalta.

A mostra achéganos á traxectoria persoal e literaria da autora a través dos seus libros máis coñecidos e da obra plástica A Cidade Alta, inspirada no poema do mesmo nome. Parabéns ás docentes Teresa Pastor e Beni Vidal pola organización do traballo e ao alumnado de Debuxo de 2º de bacharelato e á súa profesora Eva Vérez polo fermoso retrato dedicado á escritora coruñesa.