Volver

Luísa, melodía infinda

Centro: IES Plurilingüe Eusebio da Guarda, A Coruña (A Coruña)
Curso: 2023-2024

Libro que contén unha compilación de traballos do alumnado e profesorado do IES Plurilingüe Eusebio da Guarda en homenaxe á súa antiga alumna Luísa Villalta, escritora a quen se lle dedicou o Día das Letras Galegas este 2024. Ademais da versión dixital editáronse dous exemplares, un para entregarllo como lembranza a María Gómez, nai da autora, e o outro para conservalo no centro coruñés como recordo de tan sinalada efeméride.