Volver

Axenda escolar "Tecendo fíos coa Mangallona"

Centro: CEIP de Ardán (Marín), Pontevedra
Curso: 2024-2025

Velaquí a completa axenda para o novo curso elaborada polo EDLG do CEIP de Ardán onde nos dan a coñecer a Casa-Museo "A Mangallona", na que o ilustre cangués Camilo Caamaño Xestido reuniu obras de artistas do Morrazo e do resto do mundo. Así, nela,  ademais de bos consellos e espazo para organizarmos o traballo escolar, podemos desfrutar das imaxes dalgunhas pinturas coa información das autoras e autores, alén dun pequeno adianto sobre quen son as homenaxeadas elixidas pola Real Academia Galega para as Letras 2025.