Volver

Guía de lecturas dos EDLG do Morrazo

Centro: Coordinadora dos EDLG do Morrazo (Pontevedra)
Curso: 2024-2025

A escolma de novidades lectoras para este Nadal, que nos ofrecen os EDLG do Morrazo, quere ademais homenaxear as cantareiras protagonistas das vindeiras Letras Galegas, ao que contribúen a fermosa ilustración cedida por Leandro Lamas e a apropiada letra da cantiga que crearon. O tríptico, con recomendacións segundo as idades, será distribuído, coma sempre, a todo o estudantado da comarca para fomentar a lectura na nosa lingua.