As nosas cantigas (caderno viaxeiro)
Curso: 2024-2025
Proxecto promovido polo EDLG do CEIP A Fraga das Pontes de García Rodríguez ao que se sumaron vinte centros máis a través da conta @aclasede_fun, que a coordinadora deste equipo, Estefanía Pérez Yáñez, ten nas redes sociais Instagram e Facebook. O obxectivo é que o alumnado participante, en colaboración coas súas familias, compile as cantigas da súa contorna nun caderno viaxeiro. Neste traballo colectivo tamén teñen cabida ditos, refráns, xogos, adiviñas e calquera tipo de relato oral. E como mostra, velaquí tedes a detallada explicación do proceso que fixeron as nenas e nenos do CEIPP Otero Pedrayo de Amoeiro.
Parabéns a Estefanía pola iniciativa e grazas por compartila! E agradecementos tamén ao profesorado e alumnado pola súa implicación na campaña.