Volver

Día das Letras Galegas 2025

Centro: Seminario Galán (A Coruña)
Curso: 2024-2025

O equipo de docentes do Seminario Galán comparte con toda a comunidade educativa os seus agardados materiais das Letras Galegas 2025, este curso dedicados ás cantareiras e á poesía popular de tradición oral.

Ademais dos recursos habituais (unidades didácticas, cartelaría, dípticos, marcapáxinas, escolmas de textos, cuestionarios...), inclúense documentos audiovisuais, retos de robótica, lupa máxica, xogos interactivos etc. adaptados a todos os niveis de educación infantil e primaria. Entre outras novidades, atoparedes tamén portadas e compilacións de cancioneiros que poden resultar moi útiles para empregar nas aulas.