Volver

XV Concurso de Marcapáxinas

Centro: IES San Clemente, Santiago de Compostela (A Coruña)
Curso: 2024-2025

Concurso de Marcapáxinas convocado polo EDLG do IES San Clemente de Santiago de Compostela, no que poderá participar todo o alumnado de ESO, ESA, bacharelato e FP deste centro e o de todos os institutos interesados.

O marcador ten que recoller un texto e unha imaxe relacionada coa poesía popular de tradición oral e/ou as cantareiras que serán homenaxeadas o Día das Letras Galega 2025: Adolfina e Rosa Casás Rama, Eva Castiñeira Santos, Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda. Ademais, debe incluír o lema: "Escollemos cantar en galego".