Volver

Chotis en pictogramas

Centro: CPI Cruz do Sar, Bergondo (A Coruña)
Curso: 2024-2025

O blog Anxopictogramas presenta unha adaptación en pictogramas deste chotis, incluído nunha publicación de Luis Prego, que reproduce a coñecida cantiga das pandeireteiras de Mens. Pódese atopar no mapa sonoro do Consello da Cultura Galega.

A peza resulta moi apropiada para que o alumnado de infantil ou con necesidades específicas de apoio educativo se divirta cantando a canción das famosas cantareiras de Malpica.

Parabéns pola actividade ao profesorado do EDLG do CPI Cruz do Sar e grazas por compartila.