Vídeo das Letras Galegas 2025: As cantareiras e a poesía popular oral
		Centro: CPR San Pío X, Ourense	
Curso: 2024-2025
Curso: 2024-2025
Desde o Colexio San Pío X de Ourense achégannos este entrañable e didáctico vídeo no que lles fan unha homenaxe ás cantareiras e pandeireteiras no Día das Letras Galegas. Nel reúnen dun xeito harmonioso as fermosas ilustracións de Carlos Gallego e Carlos Rodríguez cos textos do Seminario Galán, aos que lles poñen voz os nenos e nenas de 5º de primaria.