Un Nadal en branco e negro (aguinaldo)
		Centro: IES Plurilingüe Eusebio da Guarda, A Coruña (A Coruña)	
Curso: 2024-2025
Curso: 2024-2025
O IES Plurilingüe Eusebio da Guarda felicítanos as festas con este aguinaldo recollido en Nocelo (Castrelo de Val) e incluído no Cancioneiro gallego de Eduardo Martínez Torner e Jesús Val y Gay. A escolla da composición popular para esta postal supón tamén un recoñecemento ás nosas cantareiras e a todas as persoas que nos transmitiron a poesía popular oral, a quen a RAG homenaxeará o Día das Letras Galegas 2025.
O debuxo desta felicitación ilustrará a revista Madrygal e a cartelaría do Día das Letras Galegas da Universidade Complutense de Madrid.