Rachando coas coplas machistas do cancioneiro tradicional
		Centro: IES Monte das Moas, A Coruña (A Coruña)	
Curso: 2024-2025
Curso: 2024-2025
O EDLG e o Departamento de Lingua Galega e Literatura do IES Monte das Moas da Coruña decidiu conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller con esta reinterpretación dalgunhas coplas tradicionais de contido machista. A nova versión preséntanos unha perspectiva moito máis positiva a prol da liberdade e o apoderamento feminino.
O traballo tamén pretende ser un recoñecemento á figura das cantareiras da nosa tradición oral, que serán homenaxeadas o vindeiro Día das Letras Galegas 2025.