Canto popular gallego (presentación)
		Centro: CMUS Profesional da Coruña (A Coruña)	
Curso: 2024-2025
Curso: 2024-2025
Hoxe xoves 24 de abril, ás 19.00 h, na biblioteca do Conservatorio Profesional de Música da Coruña, terá lugar a presentación da obra Canto popular gallego, unha edición do cancioneiro de Luis María Fernández Espinosa comentada polo escritor e musicólogo Manuel Rico Verea.
O acto, enmarcado dentro do programa de actividades conmemorativas do Día das Letras Galegas 2024 deste centro, será presentado por Valentín García Gómez, secretario xeral da Lingua.