As cantareiras mundiais
		Centro: EOI de Vigo, Vigo (Pontevedra)	
Curso: 2024-2025
Curso: 2024-2025
Unha extraordinaria exposición interactiva, realizada na EOI de Vigo, que nos leva de viaxe polas cantareiras de diferentes partes do mundo, dende as "unai" do Xapón ata o canto "whayñu" das mulleres quechua, porque as nosas non foron as únicas en contribuír á pervivencia das culturas e linguas minorizadas. Na presentación dixital vemos a riqueza dos traxes, os instrumentos, a información sobre estas valiosas tradicións, e podemos ademais escoitar "os cantares insilenciables", como o EDLG da Escola lles chama, que están recollidos nos códigos QR coas súas respectivas letras traducidas ao galego.