O valse das avoas
		Centro: CPR Fogar de Santa Margarida, A Coruña (A Coruña)	
Curso: 2024-2025
Curso: 2024-2025
Proxecto interxeracional promovido polo Departamento de Música e coordinado pola docente Iria Pérez no que se implicou boa parte da comunidade educativa do CPR Fogar de Santa Margarida da Coruña. A partir da adaptación de Xabier Díaz dunha peza de Adolfina e Rosa Casás, interpretada polo alumnado e as súas familias, organizouse un baile no que participou a rapazada deste centro e moitos dos seus familiares (nais, pais, avós, avoas...). Botamos un valse?