Letras Galegas 2025 nas Escolas Católicas da Coruña
		Centro: CPR Santa María do Mar, CPR Escravas Sagrado Corazón de Xesús, Fundación Fogar de Santa Margarida, A Coruña, CPR Fillas de Cristo Rei, Oleiros (A Coruña)	
Curso: 2024-2025
Curso: 2024-2025
Genially colectivo no que se amosan as actuacións organizadas co gallo da celebración do Día das Letras Galegas de varios centros educativos coruñeses integrados en Escolas Católicas: CPR Santa María do Mar, CPR Escravas Sagrado Corazón de Xesús, CPR Fogar de Santa Margarida e CPR Fillas de Cristo Rei.
Ademais de contidos teóricos e actividades lúdicas (audiovisuais, música, pasatempos, xogos interactivos...) centrados na figura e o legado das cantareiras, tamén se inclúe unha conferencia do académico e músico Antón Santamarina sobre o Cancioneiro popular galego.