Foliada das Letras Galegas 2025
		Centro: CEIP Raquel Camacho, A Coruña  (A Coruña)	
Curso: 2024-2025
Curso: 2024-2025
Poucas veces a celebración do Día das Letras Galegas foi tan festiva como este ano dedicado ás cantareiras e á poesía popular de tradición oral. Como mostra, esta foliada organizada polo CEIP Raquel Camacho da Coruña, en colaboración coa Asociación Agra do Orzán, para toda a comunidade educativa e a veciñanza deste centro caracterizado pola multiculturalidade das súas aulas.