Volver

O enxeño da percusión doméstica dos nosos devanceiros

Centro: IES Plurilingüe Eusebio da Guarda, A Coruña (A Coruña)
Curso: 2024-2025

Exposición que inclúe, ademais de cartelaría gañadora do Concurso-exposición das Letras Galegas 2025, bibliografía relacionada con esa temática, instrumentos de percusión tradicionais e outros empregados polo pobo. Móstranse obxectos domésticos, apeiros de labranza e mesmo vexetación da contorna: botellas de anís; cunchas de vieira; frautas (pastoril, requinta alta, de canaveira, de paraugueiro, de afiador); chocas, culleres; peites con papel de fumar; axóuxere de vimbio; tixola de ferro con pedra; fouciña, aixada; pandeiretas; pandeiro ou adufe e gaita.