Volver

Cantares de cego

Centro: IES Plurilingüe Eusebio da Guarda, A Coruña (A Coruña)
Curso: 2024-2025
Ás actuacións programadas polo EDLG do IES Plurilingüe Eusebio da Guarda da Coruña con motivo do Día das Letras Galegas 2025 súmase unha homenaxe máis ao cancioneiro popular oral a través desta dupla actividade centrada nos cantares de cego. O traballo, realizado polos alumnos e alumnas de 4º de PDC, desenvolveuse en varias etapas. A primeira fase do proceso foi aprender a técnica, despois compoñer as coplas e, finalmente, realizar os debuxos do cartelón ou maltraña, que acompañaba a posta en escena do cego.